En España hai 40.000 nenas, nenos e adolescentes tutelados. Cada ano, máis de 2.000 deixan o sistema de protección tras cumpliren a maioría de idade. E o 47% emancípanse en situación precaria.
A súa infancia xa foi abondo difícil. As súas familias non puideron, non souberon ou non quixeron coidalos. Agora que son maiores de idade non teñen marxe de erro: se non atopan un medio de vida, o seu destino é a rúa.
– Jose, 23 anos
– Celia, 19 anos
Son os máis ameazados polo paro e a temporalidade laboral. A sensación de soidade e o risco de depresión son moito máis frecuentes que entre o resto da xuventude. Necesitan unha solución en termos de vivenda para non quedaren desprotexidos.
→ Que todos os partidos políticos consideren no seu programa de vivenda a mocidade ex tutelada como colectivo de atención especial.
→ Que os gobernos central e autonómicos garantan o acceso gratuíto das mozas e mozos ex tutelados ao parque de vivenda pública protexida, durante polo menos dous anos e con posibilidade de retorno.