
“Animo a xente moza a mudarse ao rural. Todo aquí é máis accesible que na cidade. A vivienda, o ximnasio…”
— Bilal, 19 anos
Con Mentor Rural acompañamos a mozas e mozos en situación de vulnerabilidade para que poidan construír un proxecto de vida no lugar onde queren vivir, sen que a falta de oportunidades os obrigue a marchar.
Traballamos para mellorar a súa empregabilidade, facilitar o acceso á formación, á vivenda e crear novas oportunidades laborais en colaboración co tecido empresarial local. Ao mesmo tempo, impulsamos unha rede de apoio para que sexan capaces de facer comunidade, e sentirse parte dun lugar.
mozas e mozos atendidos en zonas non urbanas dende 2022
Atoparon un fogar para iniciar unha vida independiente
Accederon a un posto de traballo

Co apoio de persoas coma ti podemos facer que encontren as oportunidades que merecen.
Tamén podes colaborar como empresa e abrir a porta do seu futuro.
Consúltanos para coñecer as distintas opcións.
Estamos á túa disposición no 981 561 187 ou en colabora@igaxes.org