Acompañar, transformar, construír: así foi o noso 2024

É un momento para mirar atrás e recoñecer todo o camiño percorrido. Pero tamén é unha oportunidade para poñer o foco no que queda por facer, na sociedade que queremos construír e no papel que queremos ter nese proceso.

Non é só memoria. É futuro.

Non hai solucións únicas, cada proceso require unha mirada individualizada e flexible.

Poñemos o vínculo no centro de todo

En IGAXES traballamos cada día para que ningunha persoa quede fóra. Acompañamos ás nenas, nenos, mozas e mozos que viven situacións de exclusión ou vulnerabilidade, co obxectivo de que poidan construír unha vida digna, con oportunidades reais, e desenvolver un proxecto persoal propio.

2202

nenas, nenos e persoas mozas ás que chegamos en toda Galicia en 2024.

55

nenas e nenos recibiron apoio terapéutico ou asistiron a titorías individualizadas para prever situacións de risco ou exclusión na adolescencia.

35

familias melloraron as súas competencias parentais ou recibiron atención psicosocial.

A educación é moito máis que un itinerario académico

O reto non é só “ir á escola”, senón poder estar nela en condicións reais de aproveitamento, sen estigmas nin exclusión.

Creamos recursos específicos para atender a estes rapaces e rapazas, desde unha perspectiva educativa, emocional e relacional. Non se trata de illar, senón de entender o que pasa e intervir con ferramentas profesionais que lles permitan volver entrar no sistema desde outro lugar.

664

nenas e nenos acompañados nos seus itinerarios educativos este 2024

151

mozas e mozos especialmente vulnerables remataron accións de formación ou pasaron de curso.

600

compartiron coloquio tras a representación teatral de “soños”

200

nenos e nenas recibiron formación sobre discursos de odio en redes, xénero e polarización.

Un proxecto de vida digno

A transición á vida adulta non se produce dun día para outro.

Mentres o resto da mocidade da sua idade emancípanse de media aos 30 anos, a xuventude tutelada ten que facelo moito antes. Algúns xa comezan nada máis cumplir os 18 anos, cando inician a sua saída do sistema de protección de menores.  A través das vivendas de autonomía do Programa  Mentor acompañamos procesos vitais, con presenza profesional e afectiva, adaptándonos ao ritmo e ás necesidades de cada persoa.

81

adolescentes atoparon un fogar nos nosos pisos tutelados

700

procesos de inserción laboral realizados ao longo de 2024, cunha taxa de inserción do 30,03%

1538

persoas tuteladas e ex tuteladas recibiron protección e apoio no seu camiño cara á vida independente.

Atopar un emprego, un camiño con futuro para vidas sen atallos

Formamos e acompañamos para que poidan acceder a un posto de traballo

O emprego non é só un medio de subsistencia, é unha chave para o exercicio de dereitos, a participación social, e a autonomía persoal. Por iso acompañamos a mozas, mozos e persoas adultas en situación de exclusión severa nun camiño cara ao emprego digno, realista e sostible. Os itinerarios deseñámolos xunto ás persoas, paso a paso, escoitando o que queren para o seu futuro.

1269

nenos, nenas e adolescentes melloraron a súa autonomía persoal e adquiriron habilidades para a vida independente.

438

persoas en situación vulnerable lograron un contrato de traballo

323

empresas galegas colaboraron con inserción laboral, formación, patrocinio ou voluntariado corporativo

Así distribuímos os nosos recursos en 2024

quesitos

Vivenda: 16%

Educación: 8%

Saúde mental: 10%

Apoio comunitario: 5%

Apoio ás familias: 12%

Autonomía e independencia: 21%

Inserción laboral: 28%

Distribución de ingresos

1

Financiamento público: 93%

Financiamento privado: 7%

Ingresos totais: 3.187.070

Mantemos un nivel de ingresos moi similar ao do exercicio anterior, o que reflicte a estabilidade do noso modelo de financiamento. Isto permítenos consolidar os avances acadados e continuar fortalecendo as nosas catro áreas principais de intervención: infancia e familia, educación, emprego e comunidade.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.