A pobreza familiar segue a condicionar decisivamente o futuro de miles de nenas e nenos. Un de cada catro menores en Galicia están nesta situación.
O ano pasado destinamos máis recursos a vermos cumprido o seu dereito a crecer seguros, a aprender, a xogar e a desenvolverse. Para que conten con toda a protección necesaria ante calquera tipo de violencia ou risco para a súa saúde, tanto física como emocional.
E aumentamos os recursos de apoio ás nais e pais, con accións de respaldo na crianza, mellora das súas competencias familiares e acceso ao emprego.
Nenas, nenos e mozos aos que chegamos en toda Galicia en 2018.
nenos e nenas en situación vulnerable recibiron atención emocional continuada.
Máis de 100.000 escolares en Galicia afrontaron o pasado curso con desvantaxes relacionadas coa falta de recursos, problemas familiares ou inseguridade. En Igaxes seguimos traballando para borrar estas desvantaxes e para facer valer o seu dereito a partir desde a mesma liña de saída.
Con coidado emocional e psicolóxico, redes de apoio, reforzo educativo, axudas para continuar estudos, loitando contra o acoso e a violencia… Actuamos para desterrar o abandono escolar prematuro. Para que poidan aprender en condicións de protección e benestar e convertírense nas persoas que son capaces de ser.
escolares aos que chegamos durante o curso 17-18.
participaron nas nosas accións de convivencia e contra o acoso
mozos/as especialmente vulnerables remataron accións de formación ou pasaron de curso
A mocidade segue a ser a franxa da poboación máis excluída polo mercado de traballo. En 2018, o paro xuvenil e a elevada temporalidade seguiron discriminando a aquelas mozas e mozos que xa padeceron unha infancia fráxil.
Nestes 12 meses chegamos a máis mozas, mozos e familias en dificultade e creamos máis oportunidades de emprego e formación. Seguimos traballando cada día para que este contexto adverso non lles impida andar o seu camiño. Porque ter futuro tamén é un dereito.
persoas formáronse para traballar e melloraron as súas opcións de emprego
mozas e mozos sen apoio familiar recibiron apoio durante o seu camiño cara á vida independente
persoas en situación vulnerable asinaron un contrato de traballo en 2018 e un 52% delas son mulleres
Vivenda: 16,30%
Educación: 12,22%
Autonomía e independencia: 21,47%
Formación para o emprego: 13,35%
Apoio á familia: 11,96%
Inserción laboral: 18,40%
Redes de apoio: 6,30%
Financiamento público: 84%
Financiamento privado: 16%
Ingresos totais: 2.015.768,51€
Incrementamos nun 4,56% o orzamento global do exercicio anterior, o que nos permitiu reforzar as nosas áreas de familia, educación e emprego e chegar a 2.900 nenas, nenos e mozos en toda Galicia.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.