O 25% dos nenos, nenas e adolescentes está en risco de pobreza ou exclusión en Galicia. Teñen dereito a unha protección especial, pero moitos vense sometidos a múltiples causas de vulnerabilidade.
Ao tempo, unha de cada catro persoas padecerá un trastorno mental ao longo da súa vida. Hoxe supoñen xa a segunda causa de discapacidade nas nosas sociedades. E obedecen a causas moi complexas e, nalgúns casos, descoñecidas.
Este mestrado nace para formar profesionais capaces de dar resposta especializada nunha destas dúas áreas. Consta dun módulo común e dous módulos optativos para que cada alumna/o escolla o seu ámbito de preferencia: intervención coa infancia e a xuventude; ou saúde mental.
Preinscrición: do 1 de xuño ao 10 de setembro de 2018.
Organizan: Escola Universitaria de Traballo Social, Universidade de Santiago de Compostela. Igaxes.
Colaboran: Saúde Mental FEAFES Galicia. Obra Social “laCaixa”.
Ofertaranse 6 bolsas de redución de matrícula por valor de 1.000€ cada unha
Cada alumna/o completará 425 horas de traballo en proxectos de intervención directa
Igaxes e FEAFES Galicia ofertarán 12 contratos con opción de continuidade ao remate dos estudos
Dirixido a: alumnado diplomado ou graduado en Traballo Social, Educación Social, Pedagoxía e Educación Infantil e Primaria, prioritariamente.
Estudos: 60 créditos; un módulo troncal obrigatorio e dous módulos optativos para escoller un. As aulas terán lugar na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela, de mércores a venres (de 16h a 21h) entre setembro de 2018 e maio de 2019.
Prazas ofertadas: 25.
Importe da matrícula: 2.690€. Ofertaranse 6 bolsas de matrícula por valor de 1.000€ cada unha.
O programa de prácticas abrangue 425 horas de traballo entre febreiro e maio de 2019. Ofertaranse prácticas en proxectos de intervención directa con infancia e xuventude e con persoas con problemas de saúde mental nas principais cidades galegas.
Ao remate do curso, o alumnado terá acceso a unha bolsa de emprego na que igaxes e Saúde Mental FEAFES Galicia ofertarán 12 contratos con opción de continuidade para traballar en proxectos propios.
Escola Universitaria de Traballo Social
Praza da Inmaculada, 5-2º. 15704 Santiago de Compostela. Tel. 981 583 586 (tardes) | nuria@euts.es
Igaxes
Rúa da Muíña, 24. 15707 Santiago de Compostela. Tel. 981 561 169 (mañás) | comunicacion@igaxes.org