“Tiven que ir a un instituto diferente. Tiña problemas cos novos compañeiros, e tamén na miña casa. Aquí encontrei o apoio que me faltaba. Volvín render nos estudos e déronme todo o que non encontraba noutro lugar.”
— Ángela, 18 anos
Actuamos dentro e fóra das aulas para garantir que aprenden en condicións de protección, saúde e benestar. Procurámoslles os espazos e o tempo axeitados para xogar e desenvolverse. E axudamos ás súas familias a construír un clima protector e a tomar parte activa na educación das súas fillas e fillos.
alumnas e alumnos atendidos desde 2009
centros de ensino nos que xa actuamos
mozas e mozos recibiron apoio emocional continuado
que necesite atención continuada en caso de desprotección, conflito familiar ou acoso escolar.
que precisen axuda para recuperar un clima positivo e alentador para os seus fillos e fillas.
para que sempre teñan un lugar no que sentírense acompañados e aceptados.
para activarmos accións comúns a prol da convivencia e previr o abandono escolar prematuro.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.