As e os rapaces adolescentes viven na realidade de ter que decidir quenes son, cara onde se queren dirixir. Cada unha e cada un coas súas peculiaridades persoais e sociais, coa súa herdanza cultural e familiar. A maioría das mozas e mozos contan co apoio da súa contorna que os acompaña, pero algunhas e algúns rapaces carecen desta rede de apoio e deben crecer e crear o seu traxe sen axuda.
A rapazada tutelada danos, en moitos casos, un exemplo de constancia e superación que moitas veces esquecemos recoñecer. O pasado entroido a rapazada vestiron traxes de galegos que construiron con paciencia, esforzo e moita ilusión. Con esta actividade de costura aprenderon unha nova habilidade que lles axudará no seu camiño cara a independencia e fomentaron a súa creatividade, comunicación e respecto á propia cultura.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.