Contigo cambiamos vidas

A túa empresa pode ser a chave do seu futuro. Infórmate.

icon-testimonios

“O apoio á infancia e a xuventude máis vulnerable é o piar dunha sociedade xusta e equitativa. Se apostamos polas nenas e nenos hoxe, eles construirán un mundo aínda mellor mañá.”

— Fernando García, xerente da Fundación Laboral da Construción de Galicia

Qué significa colaborar con igaxes

Impacto local

Transparencia

Transformación

Recoñecemento

Como podes axudarnos

Cambia unha vida

Moitas mozas e mozos sen recursos necesitan unha oportunidade laboral que lles permita comezar a escribir o guión das súas vidas. Contratando unha persoa farás posible ese cambio decisivo.

Empresa solidaria

Facendo unha aportación directa, a túa empresa fará posible que poidamos ofrecerlle protección e garantir o acceso á educación a cada vez máis nenas e nenos en situación de pobreza en Galicia.

Produto con causa

Tanto se es unha empresa de bens como de servizos, podes asinar un compromiso coa infancia e a xuventude destinando unha porcentaxe dos beneficios dun produto aos nosos programas de atención directa.

Asina unha alianza

Levamos máis de 10 anos colaborando co empresariado galego. Xuntas podemos deseñar unha alianza estratéxica capaz de cambiar as vidas de moitas nenas, nenos e mozos da túa localidade ou territorio de referencia.

Colabora con igaxes si eres empresa. Juntas hacemos más

Xuntas facemos máis.

Colabora e sela o teu compromiso coa infancia e a xuventude. A túa empresa pode ser a chave do futuro para moitas nenas, nenos e rapaces da túa propia localidade.

Consúltanos
Estamos á túa disposición.

981 56 16 87
colabora@igaxes.org

Xa están cambiando vidas

icono ventajas fiscales

Coñeces as vantaxes fiscais da túa colaboración?

O teu compromiso desgrava. A túa empresa pode deducir o 35% da doazón realizada. E se mantés ou aumentas durante 3 anos a túa aportación a igaxes, a desgravación increméntase ao 40%.

O PRIMEIRO ANO

Desgravas o 35%0%

A PARTIR DO 3º ANO

Desgravas o 40%0%