Yassine cumpriu 19 e os seus compañeiros e compañeiras o sorprenderon cun caderno de debuxo, todos e todas na súa casa saben que adora debuxar
A froita preferida de Yassine é o mango. Por iso os e as súas compañeiras de piso prepararon unha torta de mango e nata polo seu aniversario. Celebraron tamén a data almorzando fora e foi Yassine o que escolleu a cena do domingo: nuggets e pizza. Celebrar e ter quen te coñeza ben é unha ferramenta única para mellorar a autoestima.
Yassine leva dende agosto vivindo en Ourense con outra rapazada tutelada. Agora acaban de renovarlle ata xaneiro o contrato de traballo en Coren, un gran asallo polo seu aniversario. Esta fin de semana cumpriu 19 anos e os e as súas compañeiras sorprendérono cun caderno de debuxo, porque todos e todas na súa casa saben que adora debuxar e admiran o ben que o fai.
En Igaxes sabemos que cada neno e nena tutelada será un rapaz ou rapaza extutelada, por iso queremos brindar un apoio posterior que os axude a continuar medrando. Non podemos permitirnos, como sociedade, que ningunha destas persoas remate na exclusión, Axúdasnos a crecer? Faite socia!
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.