Paremos os bulos que criminalizan os mozos e mozas do sistema de protección.
Na actualidade, as mensaxes de odio, os bulos e a desinformación espállanse con gran rapidez. Moitas veces, detrás destas publicacións hai ignorancia e moito descoñecemento. Un dos colectivos máis afectados por esta información errónea son as rapazas e rapaces tutelados.
Como organización, sabemos que é fundamental levar a cabo accións. Isto debe servir para dar a coñecer a situación de todas as nenas e nenos do sistema de protección cos que traballamos, e así desmontar prexuízos e falsedades.
Neste post, queremos compartir cinco dos mitos máis habituais sobre os menores tutelados. O obxectivo e claro: loitar contra a desinformación e crear conciencia sobre a súa verdadeira realidade.
As rapazas e rapaces tutelados están baixo protección porque sufriron situacións de abandono, maltrato ou porque proceden dun entorno familiar desestruturado. Moitas veces, as familias non poden garantir o seu benestar, e isto non ten que ver con comportamentos propios de estas nenas e nenos. Esta percepción estigmatizante só alimenta unha imaxe errónea dun colectivo vulnerable, dificultando aínda máis á súa situación. Os menores tutelados son vítimas de circunstancias adversas, non unha ameaza para os demais.
É certo que existen programas de apoio, pero a maioría son insuficientes e non cubren as súas necesidades. Moitas veces, dependendo das circunstancias, tampouco poden acceder a algúns recursos como o alugueiro social. A miúdo, quedan en desvantaxe fronte a outras mozas e mozos en termos de vivenda, emprego e oportunidades. Aínda que estas circunstancias intentan suplirse cos recursos que ofrece o sistema de protección, estes son limitados e non sempre suficientes para garantir un desenvolvemento integral.
A mocidade tutelada e ex-tutelada poden ter sufrido situacións de estrés emocional ou historias de vida potencialmente traumáticas. Isto pode facer que algúns deles presenten dificultades no seu comportamento debido ás súas experiencias. A pesar disto, a maioría son rapazas e rapaces que buscan oportunidades para medrar e desenvolverse nun entorno seguro. O seu comportamento non é diferente ao de outras mozas e mozos da súa idade. A criminalización destas emocións só lles leva aínda máis cara á desprotección e a desenvolver posibles problemas de saúde mental. Polo tanto, é imprescindible proporcionarlles as ferramentas necesarias para que poidan aprender a xestionar as súas emocións. De este xeito, poderán afrontar os retos da vida dunha maneira sa e equilibrada.
Os menores tutelados teñen un gran desexo de formarse e traballar para lograr autonomía ou aínda máis. Isto é porque estas mozas e mozos emancipanse unha media de entre 5 e 10 anos antes ca o resto da mocidade. É un proceso contrarreloxo no que se lanzan á vida adulta sen ningún tipo de rede de apoio ou seguridade. Así, moitos deles acceden ao mercado laboral o máis cedo posible e que non opten por estudos superiores. Son como calquera rapaza ou rapaz da súa idade, pero enfrontan máis barreiras ca os demais. Non só son obstáculos materiais, senón tamén psicolóxicos, xa que a falta de estabilidade emocional e social pode dificultar o seu rendemento académico ou profesional. Co apoio axeitado, estas mozas e mozos poderán construír vidas plenas, coma calquera outra persoa da súa idade.
A gran maioría dos menores baixo protección son nacionais. Segundo datos oficiais, arredor do 70 % dos usuarios dos sistemas de protección en España son nados aquí, e o outro 30 % son estranxeiros. Ao final, son nenas e nenos que chegan sós a un país no que non coñecen a ninguén, fuxindo de situacións de conflito, pobreza ou violencia. O emprego de discursos de odio, prexuizos e bulos sobre eles non fai máis que perpetuar a exclusión e a invisibilización das súas necesidades e dereitos.
Todas as mozas e mozos, sen importar a súa situación ou orixe, teñen dereito a unha vida plena. A vivenda digna, a ser protexidos e a recibir as oportunidades necesarias para desenvolverse, tanto no ámbito persoal como no social. Programas como Mentor traballan seguindo estes principios, para que a mocidade que transita cara á idade adulta sen unha rede de apoio poida facelo da maneira máis segura posible. Rematar cos prexuízos que os rodean tamén é unha prioridade. Campañas como “Non nos xulgues” ou “Resalire” tratan de romper o estigma achegando a súa realidade ao resto da xente. É responsabilidade de todas e todos xerar un ambiente no que a mocidade tutelada se sinta valorada, apoiada e capaz de alcanzar as súas metas. Acabemos cos prexuizos, etiquetas ou estereotipos que lles impiden alcanzar o seu pleno potencial.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.