O que (quizais) non sabes sobre os nenos e nenas migrantes

Escoitamos falar decote sobre o seu pasado. Pero as situacións polas que pasan cando chegan aquí tampouco son sinxelas

Seguro que che soan historias sobre nenas e nenos que foxen dos seus países, que o deixan todo atrás, que viaxan sos e se embarcan en perigosos periplos nos que se xogan a vida. Sabes que aparecen en carteis de propaganda política, en titulares de medios de comunicación e que son as protagonistas de toda clase de bulos que pretenden criminalizalas.

Sen embargo, a súa realidade é moito máis complexa. Aínda que se adoita facer fincapé no seu pasado, nas dificultades que soportaron durante o proceso migratorio, as situacións que viven cando chegan ao país de destino tampouco son sinxelas. Cando remates de ler este texto saberás algo máis sobre elas.

Cando se fala de menores non acompañados, sempre se menciona o seu pasado. Sen embargo, as situacións polas que pasan cando chegan aquí tampouco son sinxelas.

Seguro que che soan historias sobre nenas e nenos que foxen dos seus países, que o deixan todo atrás, que viaxan sos e se embarcan en perigosos periplos nos que se xogan a vida. Sabes que aparecen en carteis de propaganda política, en titulares de medios de comunicación e que son as protagonistas de toda clase de bulos que pretenden criminalizalas.

Sen embargo, a realidade dos nenos e nenas que  migran sos é moito máis complexa e, aínda que se adoita facer fincapé no seu pasado, nas dificultades que soportaron durante o proceso migratorio, a situación que viven cando chegan ao país de destino tampouco é sinxela.

Cando remates de ler este texto, coñecerás outras moitas partes  importantes das realidades destas mozas e mozos.

Reciben protección… pero con condicións

Son nenos e nenas que viaxan sos e que, cando chegan aquí, reciben protección por parte do sistema público. Sen embargo, esa protección non é igual que para o resto de nenos e nenas tuteladas. Os e as adolescentes migrantes non acompañadas están condicionados polo que lles sucederá cando cumpran os 18 anos. Se para cando acaden a maioría de idade non conseguen un traballo, perderán o dereito a vivir aquí.

A adolescencia é unha etapa difícil xa en si para calquera persoa. A situación complícase se non contas cunha familia que poida apoiarte e, aínda máis, se a túa situación legal depende de que teñas que conseguir un traballo antes dos 18 anos.

“Tiven que marchar porque no meu país non tiña oportunidades. Agora espero poder seguir no meu traballo porque quero quedar en Ourense. Aquí hai xente que me apoia”

Mohammed, 18 anos.

O seu dereito á educación vese vulnerado

 

A moitos mozos e mozas migrantes, ao igual que a calquera adolescente, lles gustaría poder estudar. Non obstante, para elas e eles isto é case imposible porque a única maneira que teñen de regularizar a súa situación é a través dun contrato laboral a tempo completo.

Aínda que quixeran seguir formándose, aos 18 vense obrigados/as a aceptar empregos, moitas veces precarios e de baixa cualificación, que lles imposibilitan o seguiren estudando.

A necesidade de conseguir un traballo a xornada completa para poder regularizar a súa situación empúrraos, en moitos casos, a mudarse a lugares onde non teñen amizades ou rede social de apoio.

“Cita 2″

Alguén, 18 anos.

Tampouco poden optar a axudas

Mentres viven nun centro teñen cobertura para  manutención e roupa. A súa única asignación directa é duns 15 euros por semana para gastos persoais, como calquera mozo ou moza tutelada.

Cando saen, xa como maiores de idade – e mentres teñan permiso temporal de residencia- poden acollerse a algunha axuda mínima como a RISGA. Sen embargo, este tipo de subvencións non serven para renovar o permiso de residencia. Necesitan un contrato de traballo. De non conseguir renovar a residencia, caen en situación irregular e a posibilidade de optar a axudas para poder subsistir vese reducida, xa que normalmente este tipo de prestacións esixen residencia legal. Ante esta situación, vense abocados/as a aceptar traballos precarios, moitas veces sen contrato.

“Díxenlle ao meu irmá pequeno que non viñera, as cousas non son sinxelas aquí”

Ilias, 19 anos

Levan unha ferida consigo…

Moitos e moitas das menores que viaxan soas ven as súas expectativas truncadas cando chegan aquí. Antes de marchar dos seus países, esperaban que a acollida en destino fose máis cálida, máis sinxela. O choque coa realidade, coas trabas administrativas é duro e, en moitas ocasións, teñen que afrontar estas situacións de desprotección sos, sen ningún tipo de apoio emocional. Para calquera persoa sería difícil contarlle ao seu pai ou a súa nai que se encontra nunha situación de vulnerabilidade como pola que pasan os e as menores non acompañadas.

Resúltache familiar esta situación? A moitos galegos e galegas, si. E o que viviron os seus pais, nais, avoas, bisavós cando migraron a Europa ou América.

Sidy mozo migrante tutelado

… E unha enorme responsabilidade

 

Moitos e moitas delas viven baixo a enorme responsabilidade de teren que “progresar” para sosteren a súa familia. Deben facelo nun país distinto, que lle pon constantes obstáculos a ese progreso. O peso emocional que soporta un neno ou nena migrante é incalculable.

“Cando cheguei aquí preguntáronme: que queres facer? Eu tíveno claro: traballar. Estou pelexando na vida para axudar á miña nai, ela é o máis importante

Sidy.

Os nenos e nenas migrantes forman parte do noso futuro conxunto como comunidade. As leis que construímos hoxe poden chegar a afectarche negativamente no mañá. Imaxina un futuro sen a posibilidade de viaxar, de vivir onde queiras e como queiras. Non existe un nós e un elas. O que construímos hoxe aféctanos a todas.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.