13 Mar Informamos das nosas medidas de protección á infancia durante a emerxencia sanitaria
Ante a situación de emerxencia sanitaria por coronavirus, desde Igaxes queremos informar sobre as medidas de protección á infancia que imos a adoptar. Medidas necesarias para salvagardar a saúde e o benestar das nenas, nenos, adolescentes e familias que acompañamos.
A raíz da suspensión das aulas en Galicia, hoxe interrumpimos os nosos programas de acción nas escolas. As restableceremos tan axiña como se reanude a actividade lectiva.
Mantemos os nosos programas de atención directa reducindo a presencialidade ao mínimo. Isto o faremos como exercicio de responsabilidade e para non poñer en risco a ningunha persoa especialmente vulnerable. Permanecemos, en calquera caso, ao servizo de nenas, nenos e familias para prestarlles todo o apoio e a atención necesarios durante todo o tempo que se prolongue esta situación.
Ademais reforzamos os coidados e a protección de todas as mozas e mozos adolescentes sen apoio familiar. Isto refírese aos que viven nos nosos recursos residenciais do Programa Mentor. Extremamos as medidas preventivas que establecen as autoridades sanitarias. Estamos a elaborar plans específicos para minimizar o impacto sobre a educación, a situación laboral e as oportunidades de futuro das rapazas e rapaces.
Tamén puxemos en marcha medidas de teletraballo. En estas están incluidas as nosas traballadoras e traballadores que teñen crianzas a cargo. Tamén para o resto de persoal non suxeito a programas de intervención directa.
Estamos a traballar para que as consecuencias da emerxencia non golpeen máis intensamente á infancia e a mocidade máis vulnerables. Apelamos tamén á máxima responsabilidade de toda a poboación á hora de evitar contaxios. É unha misión colectiva velar polo benestar dos colectivos de especial risco e da poboación con menos recursos para afrontar esta crise.