Educación sexual: unha materia pendente

Varias noticias de actualidade poñen o foco de novo na educación sexual das nenas, nenos e adolescentes. Por unha banda, a crecente preocupación das familias ante o acceso indiscriminado dos seus fillos ao porno en internet a través dos seus teléfonos móviles. Isto levou ao Goberno a comprometerse a frear este acceso. Créase unha lei está en camiño para restrinxir os contidos que os menores poden ter á súa disposición.

Por outra banda, nos adolescentes e adultos mozos, principalmente varóns, estase a detectar certa animadversión cara o feminismo. Se pon de novo en cuestión, a igualdade entre o home e a muller, e dereitos que se daban por feitos. Segundo unha enquisa recente do CIS, a metade dos rapaces de entre 16 e 24 anos creen que os discriminados agora son eles. Como pode afectar isto nas súas relacións afectivas?

A educación: a base de todo

Todo nos leva ao mesmo tema, a unha falta de coñecemento e de información por parte dos máis novos. Falta de educación sexual, do feminismo, das novas masculinidades, da responsabilidade afectiva ou das realidades LGTBIQ+. A educación sexual nas aulas é esencial para corrixir estes comportamentos e frear a violencia de xénero. Só no noso país, 55 homes mataron ás súas parellas ou exparellas no ano 2023. Pero esa educación, polo de agora, é voluntaria. Recae na decisión única dos centros educativos e na súa aposta por levar estes temas ás aulas.

Os beneficios da educación sexual desde pequenos están estudados. Se detectou unha redución de riscos, iniciación sexual tardía, maior concienciación do uso de anticonceptivos e mellores actitudes relacionadas coa sexualidade, entre outros. É importante que as expertas e expertos cheguen aos colexios e estes sexan espazos de debate, aprendizaxe e confianza. Primeiro coas rapazas e rapaces, pero tamén co profesorado, que ten dereito a formarse sobre a educación sexual.