A crise sanitaria está a golpear a miles de familias en Galicia. Especialmente aquelas que xa partían dunha situación máis vulnerable.
Máis de 230.000 persoas en Galicia víronse afectadas por un ERTE. Pero hai moitas máis que perderon os seus ingresos e non poderán percibir subsidios. É o caso de moitos traballadores mozos que tiñan contratos por días. Ou de nais soas que traballaban sen contrato noutros fogares. Ademáis, unha gran maioría das persoas que viven por debaixo do umbral da pobreza non poderá acollerse ao Ingreso Mínimo Vital.
Esta situación fai aínda máis fráxiles os nenos e nenas. Moitos non están a recibir unha alimentación adecuada. A súa saúde e benestar non estiveron garantidos durante o confinamento. A falta de medios e de apoio educativo fixo que se viran pouco a pouco descolgados da escola.
Nesta crise sanitaria, puxemos en marcha a campaña Alento Familiar, e estamos a chegar a centos de nenas, mozos e familias nas catro provincias. Levamos axuda para necesidades urxentes, atención emocional e apoio educativo. Pero a situación actual fai necesario que cheguemos a moitas máis.
Necesitamos a túa axuda para atender urxentemente 200 familias especialmente afectadas en Galicia. Necesitan axuda hoxe.
“Na casa estou eu soa co meu fillo de 15 anos. Eu traballaba como empregada do fogar, pero sen contrato. Agora non teño ingresos nin podo acollerme a ningún subsidio.”
Montse, 43 anos
“Só levaba dous meses traballando de mecánico. Estaba contento. Agora non sei o que vai pasar. A miña parella tampouco traballa e dará a luz o mes próximo.”
Rubén, 22 anos
“Preocúpame moito a educación das miñas fillas. Teñen necesidades especiais e eu non sei como axudarlles coas tarefas da escola.”
Ana, 32 anos
"A situación na casa é moi difícil e discutimos todos os días. Os primeiros días podía controlalo pero agora sinto cada vez máis impotencia."
Lucía, 16 anos
Vai directamente ás familias. Nós ocupámonos de facela chegar aos fogares onde máis a necesitan.
30 €
Facendo un donativo de 30€ axudas a unha familia durante unha semana.
60 €
Facendo un donativo de 60€ axudas a dúas familias durante unha semana.
12€ / mes
Facéndote socio por 12€ ao mes aseguras materiais e apoio educativo para tres nenos/as durante un ano.
20€ / mes
Facéndote socia por 20€ ao mes aseguras atención psicosocial a dúas familias durante un ano.
Indica la cuenta bancaria en la que domiciliar tu donación.
Os primeiros 250€ que does desgravarán o 80% e a partires desa cantidade, o 40%.
Se mantiveches ou aumentaches durante os 2 anos anteriores as túas aportacións a Igaxes, a desgravación increméntase ao 45%.
Para unha aportación de 300 €.
OS PRIMEIROS 250 €
PARA 300 € NUN ANO
Os primeros 250 € desgravan o 80 %
Os outros 50 € desgravan o 40 %
Todas as nenas e nenos deberan ter as mesmas oportunidades de futuro. Axúdanos a facelo posible.
Chamámoste?
Contacta con nós no 981 561 687 de luns a xoves de 9h a 19h e venres de 9h a 15h.
Tamén podes enviarnos un whatsapp ao 650 211 537 ou escribirnos a colabora@igaxes.org e axiña nos poremos en contacto contigo.
Ser socia ou socio de igaxes significa formar parte dunha comunidade de persoas que aspiramos a vivir nunha sociedade onde ningunha nena, ningún neno e ningunha persoa moza se vexa privada de futuro por razón de pobreza ou exclusión social.
O teu apoio e o doutras moitas persoas fai posible que poidamos combater a ameaza da exclusión social desde a mesma infancia e ata a idade adulta. Contigo estamos máis cerca de lograr que todas as nenas, nenos e persoas mozas en Galicia poidan crecer, aprender e desenvolverse en condicións de seguridade e de igualdade.
A túa aportación irá destinada integramente aos programas que igaxes desenvolve a prol da infancia e a xuventude en situación vulnerable en Galicia. O teu apoio revirte directamente en programas dedicados a garantir a súa saúde, benestar, educación, desenvolvemento persoal e acceso ao emprego.
Tamén estarás a colaborar coas nosas accións de apoio continuado a nais e pais para velarmos polo dereito de todas as nenas e nenos a vivir nunha familia e nun ambiente de convivencia seguro e protector. E tamén axudarás a crear oportunidades de futuro para aquelas mozas e mozos que carecen de respaldo familiar.
Si, podes deducir as túas doazóns a igaxes da túa declaración da renda (se es persoa física) ou do Imposto sobre Sociedades (se es empresa). Igaxes é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e acollida á Ley Orgánica 49/2002. Enviarémosche un certificado que recollerá o total de doazóns que realizaras a favor de igaxes durante o exercicio fiscal.
Para que este documento teña validez ante a Axencia Tributaria debemos incluír o teu nome ou razón social da empresa, apelidos, NIF/NIE/CIF e enderezo fiscal completo.
Sexa cal for o seu tamaño ou actividade, a túa empresa tamén pode asinar o seu compromiso coa infancia e a xuventude. O futuro de miles de mozas e mozos está en xogo hoxe: necesitan unha oportunidade para construíren a súa vida. Co apoio da túa empresa podemos facelo posible.
Poderás colaborar como persoa xurídica, tanto de maneira puntual como regular. Ou ben deseñar con igaxes un plan máis específico de colaboración no marco da túa estratexia de responsabilidade social.
Podes dirixir calquera consulta ao noso Equipo de Atención a Socias e Socios de calquera das seguintes formas: