Avisos legais

Política de privacidade

1.- INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR (en diante, IGAXES), con CIF G15784978, con domicilio social na Rúa da Muíña 24, 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña), inscrita no rexistro de Asociacións co nº 621/2001 e no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia co nº E4857 quere dar a coñecer, mediante o presente texto, cales son os criterios e regras que segue respecto da utilización dos datos persoais que calquera persoa usuaria facilite durante o acceso ao seu sitio web, en https://www.igaxes.org

2.- IGAXES adoptou as medidas e niveis de seguridade esixidas na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa que a desenvolve. A Política de Protección de Datos adoptada por IGAXES pode variar co tempo, debido a posibles cambios lexislativos ou dos criterios seguidos pola Axencia de Protección de Datos. Calquera cambio que poida producirse respecto diso, será comunicado a través desta páxina.

3.- IGAXES, ademais, adoptou as medidas esixidas na Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico ( LSSICE), do 11 de xullo de 2002, no proceso de desenvolvemento e implantación da súa páxina web https://www.igaxes.org.

4.- A información obtida por IGAXES a través dos formularios existentes na súa páxina web, atópase arquivada nun ficheiro automatizado rexistrado no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos. Este ficheiro automatizado é propiedade de IGAXES.

5.- A finalidade da recollida e tratamento de datos é: INFORMAR SOBRE AS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POR IGAXES E PRESTAR SERVIZOS DE INFORMACIÓN QUE AS PERSOAS SOLICITEN a través da PÁXINA WEB: https://www.igaxes.org.

6.- O enchemento de formularios ou envío de correos electrónicos ou outras comunicacións a https://www.igaxes.org, implica o consentimento expreso do usuario ao tratamento dos seus Datos de Carácter Persoal por parte de IGAXES.

7.- Os datos persoais proporcionados a IGAXES a través da súa páxina web, https://www.igaxes.org, non serán cedidos a ningunha empresa nin entidade, e só serán utilizados para dar cumprimento ás finalidades descritas anteriormente.

8.- IGAXES adoptou os niveis de seguridade adecuados aos datos que almacena e trata. Ademais, IGAXES instalou todos os medios e medidas técnicas ao seu alcance para garantir a confidencialidade dos datos, evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos mesmos.

9.- Calquera persoa usuaria que o desexe pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, con arranxo ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa aplicable para o efecto, mediante o envío dunha solicitude escrita e asinada, incluíndo o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo válido, na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a IGAXES, Responsable do Ficheiro, á dirección: Rúa da Muíña 24, 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña). Este servizo non terá custo ningún para o solicitante.

10.- Cando unha persoa usuaria accede á páxina web https://www.igaxes.org de IGAXES, o servidor onde se atopa aloxada dita páxina web recoñece automaticamente a dirección IP que ten asignada o computador que realiza a conexión, o día e a hora á que entrou, o día e a hora á que abandonou a conexión, e por que partes da páxina web se moveu. É necesario que o servidor onde se atopa aloxada a páxina web https://www.igaxes.org de IGAXES coñeza estes datos do computador da persoa usuaria porque ten que poder comunicarse con el para enviarlle datos solicitados pola persoa usuaria a través do navegador e que esta poida velos na súa pantalla. Non é posible que desta forma IGAXES poida coñecer datos persoais da persoa usuaria como, por exemplo, o seu nome, dirección, teléfono, etc. se non foi a propia persoa usuaria quen os facilitara.

11.- A páxina web https://www.igaxes.org de IGAXES utiliza cookies.

As cookies son pequenos arquivos que se almacenan no computador da persoa usuaria, pero non proporcionan información nin sobre o seu nome, nin sobre calquera outro Dato de Carácter Persoal.

A persoa usuaria pode configurar o seu navegador para que lle avise na súa pantalla de que vai recibir unha cookie. Se desexa máis información respecto diso, deberá consultar o menú de axuda do seu navegador. Se decide que o seu computador non almacene cookies, isto poderá restrinxir o acceso a determinadas zonas da páxina web de IGAXES.

Uso de cookies

As cookies son ficheiros enviados a un navegador por medio dun servidor web para rexistrar as actividades da persoa usuaria no sitio web. As cookies utilizadas por www.igaxes.org son do tipo “cookies de análise”. Esta web incorpora Google Analytics que crea as súas propias cookies utilizadas unicamente con fins estatísticos e de análises do comportamento das persoas usuarias ao utilizaren esta web. Ao navegar e continuar no noso sitio web estarás a consentir o uso das cookies nas condicións contidas na presente Política de Cookies. Aquelas persoas usuarias que non queiran recibir cookies ou queiran ser informadas antes de que se almacenen no seu computador, poden configuralo a través das seguintes ligazóns onde atoparán a información oficial de cada navegador.

ChromeFirefoxSafari,  OperaInternet ExplorerAndroidWindowsPhoneBlackberry

Pode ver máis información sobre a política de privacidade de Google (Analytics) en Política de Privacidade de Google Analytics

Dispós de máis información sobre as Cookies en: Wikipedia