Artesa: Unha ponte cara ao futuro laboral da mocidade

A través dunha metodoloxía innovadora, o programa combina formación, aprendizaxe práctica e apoio emocional para axudarlles a adquirir a autonomía necesaria para a súa inserción laboral.

Tres chicos en un almacén mirando una carretilla elevadora amarilla

Medrar sen unha familia de apoio é un reto enorme. Só en Galicia, arredor de 2.500 nenas e nenos viven baixo o sistema de protección debido a situacións de desamparo. Para estes mozas e mozos, o momento de alcanzar a maioría de idade marca o inicio dun desafío crítico. Deben comezar a súa vida adulta antes de tempo e sen unha rede familiar que lles sinale o camiño.

Sen esta rede social nin de apoio, descubrir as súas posibilidades de futuro é un proceso complexo. Sen que ninguén lles aconselle, sen referentes e sen exemplos, é moi difícil identificar vocacións. Explorar habilidades ou mesmo soñar con posibilidades que creen que están fóra do seu alcance tampouco o contemplan. Moitas veces, as circunstancias persoais e a falta de oportunidades limitan as súas expectativas. Isto fai que pechen portas antes mesmo de que poidan incluso descubrir talentos que nin sequera sabían que tiñan.

Aquí entra en xogo Artesa, o programa de mentoría laboral desenvolvido por Igaxes. O seu obxectivo: acompañar a estes mozos e mozas no seu proceso de acceso ao emprego. A través dunha metodoloxía innovadora, se combina formación, aprendizaxe práctica e apoio emocional. De este xeito, se lles pode axudar a adquirir a autonomía necesaria para a súa inserción laboral. Todo grazas a cercanía e colaboración de todas esas empresas, grandes e pequenas, que abren as súas portas para amosar o seu traballo e o seu oficio para ofrecer unha oportunidade real de aprendizaxe e crecemento. De este xeito, comparten coas mozas e mozos o seu tempo e coñecementos.

 

As empresas, unha colaboración clave:

 

Empresas de distintos sectores comprométense co programa, ofrecendo aos participantes un contacto directo co entorno laboral. Así, os mozos e mozas poden coñecer espazos reais de traballo. Tamén teñen a oportunidade de interactuar con profesionais e desenvolver competencias clave. Básicos como a comunicación, o traballo en equipo ou a resolución de problemas.

No Artesa, cada participante conta cun mentor ou mentora dentro da empresa. Este lles guía a través dun proceso estruturado en tres sesións. Desde a identificación dos seus intereses ata a posta en práctica de habilidades e a creación dun plan de acción para os próximos meses. Grazas a este acompañamento, as mozas e mozos teñen máis facilidade para superar medos, dúbidas e inseguridades con respecto ao mundo laboral, e transformalas en confianza.

Ao longo de todos estes anos, Artesa demostrou ser unha ferramenta fundamental para a integración laboral da mocidade sen apoio familiar. Grazas á implicación de máis de 300 empresas Galegas e ao traballo incansable do equipo de Igaxes, centos de mozas e mozos conseguiron dar os primeiros pasos cara a un futuro máis estable.

Porque un emprego non é só unha fonte de ingresos; é tamén unha oportunidade para construir un proxecto de vida e romper o ciclo da exclusión.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.