“Animo á xente moza a mudarse o rural”

A tranquilidade e o menor custo de vida son aspectos que Bilal valora especialmente despois de vivir en cidades máis grandes. Chantada e Mentor Rural non só lle proporcionaron estabilidade no presente, senón tamén unha nova visión de futuro.

En moitas ocasións, a vida lévanos a lugares que nunca imaxinamos.

Isto foi o que lle sucedeu a Bilal, un mozo que, despois de deixar atrás a súa cidade natal, chegou a Chantada, un pequeno pobo do interior de Galicia, coa esperanza de construír un futuro mellor. “Formar parte do Programa Mentor Rural serviume para mudar de vida”, recoñece. “Axudáronme a atopar emprego e a formarme en cousas tan necesarias como o idioma ou as habilidades laborais.”

Bilal chegou a Chantada sen saber moi ben o que lle esperaba. Adaptarse a un novo país, unha nova cultura, novo idioma e, sobre todo, a un entorno rural, pode presentarse coma todo un reto. Só en Galicia, calculase que existen xa 1.873 aldeas valeiras e 1.090 cun único veciño.

E aínda que é certo que nalgunhas zonas certos servicios, transporte ou oferta cultural podan verse limitados, o atractivo que supón de cara á xente moza para establecer alí a súa vida comeza a espertar interese, especialmente polo potencial de desenvolver proxectos propios, gozar dun estilo de vida máis tranquilo e conectado coa natureza, e formar parte dunha comunidade en crecemento. Onde moitos ven falta de oportunidades, outros conseguen crealas por si mesmos.

“É raro que todo o mundo te coñeza”

Para mozos coma Bilal, adaptarse a Chantada despois de medrar nunha cidade grande é, como él mesmo di, “moi diferente”. Acostumado ao anonimato, a pasar desapercibido, esta peculiaridade do rural, que ao comezo lle parecía un desafío, acabou por converterse nun dos seus maiores apoios. “Agora teño amigos e amigas tanto no instituto como no equipo de fútbol sala onde adestro e xogo. Síntome parte da comunidade.”

Esta comunidade, a creación de redes de apoio entre veciñas e veciños é moito máis sinxelo no medio rural. Para os mozos do sistema de protección, é fundamental para xerar non só soporte emocional, senón tamén á sensación de pertenza a unha comunidade que os acolla e lles dea valor.

A hospitalidade e a amabilidade da xente de Chantada, da xente do rural, permitiulle a Bilal sentirse como na casa. Aínda que a modiño, conseguiu integrarse por completo no pobo. “A xente e moi boa comigo, tanto no pobo coma no traballo. Estou moi contento cos meus compañeiros e co xefe”

O rural e a xente nova piden a berros o mesmo: un futuro.

E Bilal o escoitou e respondeu. Despois de formarse en hostalería, foi quen de conseguir un emprego  e dar o seu primeiro paso cara unha vida independente. “Síntome respectado no traballo, e gañei confianza en min mesmo.”

O traballo, máis alá do aspecto económico, representou para Bilal, o igual que para moitas persoas mozas, un cambio de vida. “Ter un emprego permíteche  avanzar, aprender e, sobre todo, sentir que estás construíndo o teu propio futuro.”

“Animo á xente moza a mudarse o rural. Todo aquí e máis accesible que na cidade. A vivenda, o ximnasio…”

A tranquilidade e o menor custo de vida son aspectos que Bilal valora especialmente despois de vivir en cidades máis grandes. A experiencia en Chantada e no Mentor Rural non só lle proporcionou estabilidade no presente, senón tamén unha nova visión de futuro. “Agora o meu obxectivo é cursar un ciclo superior en Automoción”, explica con entusiasmo. Bilal quere compatibilizar os estudos co traballo, demostrando así a súa vontade de seguir medrando tanto a nivel persoal como profesional. “De momento penso no presente. Non sei onde estarei no futuro, agora estou centrado en aprender e mellorar.”

Mentor Rural segue acompañando a mozos e mozas como Bilal na construcción dos seus propios futuros, axudándolles a sortear as dificultades de acceso á vivenda, búsqueda de emprego ou alternativas ao lecer, acompañándoos na construcción das súas vidas e fomentando que cada un poida escoller onde quere vivir. Apostar pola xuventude rural non so mellora a súa calidade de vida, senón que impulsa a sostibilidade e a cohesión social de estas rexións.

 

 

Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.