Abrimos canal de atención ás familias con crianzas

Se notas que a emerxencia está a afectar ao clima familiar ou ao benestar dos teus fillos e fillas, contacta con nós.

23 marzo 2020 | Ante unha situación como a que estamos a vivir, o benestar das nosas fillas e fillos é prioritario. Pero o confinamento prolongado pode poñer a proba o clima familiar e a saúde emocional de calquera membro da familia. Sobre todo nos fogares con menos recursos para facerlle fronte a esta crise.

O illamento social, a incerteza sobre canto durará, as consecuencias para a economía familiar… Todos estes factores de estrés poden afectar a convivencia, xusto cando máis se necesitan serenidade e harmonía.

Desde a declaración do estado de alarma seguimos prestando apoio vía telefónica ou telemática ás crianzas, adolescentes e familias que acompañamos nos nosos programas.

Agora poñemos en marcha un canal de atención aberto a todas as familias con fillas e fillos (sexa cal sexa a súa idade) durante a emerxencia.

606 089 054

Chámanos ou envíanos un whatsapp de luns a xoves de 9h a 19h; e venres de 9h a 15h. Tamén podes escribirnos un correo electrónico a familias@igaxes.org.

Contáctanos gratuitamente se tes algún problema que faga máis difícil convivir na casa: situacións de conflito; deterioro das relacións; xestión das emocións; organización familiar (horarios, espazos, normas, etc.); ou estados de angustia ou ansiedade dalgún membro da familia.

Difúndeo

Para chegar ás familias que o necesiten. Coidémonos.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.