Para moitas persoas mozas, o risco de exclusión é un círculo pechado. Primeiro padeceron unha infancia chea de carencias. Despois tiveron moitas dificultades para saíren adiante na escola. Agora que deixaron de estudar, pelexan por acceder a un mercado laboral que non ten sitio para elas.
Esto levounos a medrar en centros de protección. Agora que xa son maiores de idade, e en ausencia de apoio familiar, todas as súas opcións de futuro pasan por un contrato de traballo.
A xuventude entre 16 e 29 anos é a franxa de poboación con maior risco de pobreza: o 34% en Galicia (taxa AROPE). E a peor parte é para a xuventude co nivel educativo máis baixo: a súa taxa de emprego caeu máis de 20 puntos desde 2008.
Isto afecta a gran maioría da mocidade en risco de exclusión: a falta de recursos, a desprotección ou a inseguridade na infancia impedíronlles alcanzar niveles formativos superiores. Hoxe o mercado de traballo deixa de lado a quen sempre o tivo máis difícil, o que supón unha dobre exclusión.
O seu dereito a un futuro pasa por recibir unha educación de calidade. Por iso en igaxes actuamos dentro e fóra das aulas para lograr que cada día máis escolares poidan aprender en condicións de protección, saúde e benestar. Chegada a idade laboral, procuramos para cada moza ou mozo un itinerario de formación adaptada ás necesidades das empresas coas que colaboramos, e seguimos presentes despois da inserción para que todo saia ben.
Pero tamén necesitamos cambios estruturais: por unha banda, políticas para a estabilidade e a desprecarización dos contratos de traballo; pola outra, novas vías de formación dual para que a xuventude máis vulnerable teña acceso a un adestramento profesional adaptado ás necesidades das empresas en cada sector produtivo.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.