“Non quero ser unha excepción”

Carmen quere cumprir o seu soño de graduarse na universidade.

Non tivo unha vida fácil. Foi unha nena tutelada e tivo que medrar separada da súa familia. Hoxe ten 20 anos e está cada día máis cerca de cumprir o seu soño. Pero o seu caso é moi pouco común: apenas o 1% da mocidade tutelada logra acceder a estudos superiores.

“Quero ser educadora social. Axudar a outros rapaces e estar aí para dicirlles que poden conseguilo”.

Carmen segue pelexando cada día, compaxinando os estudos cun traballo que lle permita seguir co seu proxecto de vida. Pero tamén se considera afortunada, porque no camiño recibiu o apoio necesario para saír adiante. O apoio dos seus educadores e educadoras do Programa Mentor.

Porén, miles de mozos e mozas en situación vulnerable non teñen apoio de ningún tipo.

A cuarta parte da xuventude galega está en risco de pobreza.

O 34% da xuventude en Galicia está en situación ou risco de pobreza. Isto significa que máis de 100.000 persoas mozas non poden construír o seu proxecto de vida.

E peor parte é para as que deixaron a escola antes de tempo por padeceren privacións, inseguridade ou violencia durante a infancia.

O 70% da xuventude máis vulnerable deixa a escola prematuramente.

Pero podemos cambiar esta situación. Co teu apoio podemos darlles toda a atención e recursos necesarios para que poidan crecer en condicións de protección, saúde e benestar.

Axúdanos a lograr que Carmen deixe de ser unha excepción. Asóciate a igaxes para que más nenas, nenos e persoas mozas reciban a educación e as oportunidades que merecen.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.