“Queremos acabar co estigma”

Axuda a África e Mikel a logralo compartindo esta historia: #NonNosXulgues

A maioría das mozas e mozos tutelados coma eles medran sen apoio dunha familia. E cada día teñen que facerlle fronte a un estigma moi inxusto: parte da sociedade aínda os xulga como persoas conflitivas, só porque medraron en centros de menores.

Conoce la historia de África y Mikel. Acaba con el estigma de la juventud tutelada

“Queremos coñecer outras persoas sen preocuparnos do que poidan pensar sobre nós”.

Teñen 18 anos e viven en Santiago, nun piso tutelado do Programa Mentor. Mikel formouse en deseño gráfico e está a buscar o seu primeiro traballo. África vén de rematar 1º de Bacharelato e compaxina os estudos co seu emprego en hostelería.

Son dous mozos como todos os demais. Pero aínda hai moita xente que os xulga como persoas conflitivas ou problemáticas, só porque viven nun centro de menores. Isto non é máis que un prexuízo. E temos que paralo.

O 47% da xuventude tutelada emancípase en situación precaria.

Cada ano, máis de 2.500 mozas e mozos tutelados saltan á vida adulta en España. E case a metade vense na obriga de facelo en situación de precariedade.

“Non temos respaldo familiar e debemos construír o noso futuro cos nosos propios medios”.

En Galicia son máis de 2.000 nenos, nenas e adolescentes os que padecen este estigma cada día.  Moitos deles careceron de apoio familiar ou tiveron que padecer conflitos moi severos na súa infancia.

Esa é unha carga -ás veces moi pesada- que tratan de deixar atrás mentres medran. Por iso é dobremente inxusto que outras persoas os miren de xeito diferente.

Non te deixes levar polos prexuízos: #NonNosXulgues.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.