Facer un fogar nunha vivenda asistida

Para as rapazas e rapaces que chegan a unha vivenda asistida do Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, a entrada é un momento importante, pero tamén emotivo.

chico tutelado desembalando cajas en su vivienda asistida

Abrir a porta, mirar as paredes brancas, os espazos baleiros e empezar a imaxinar un fogar. Desempacar as túas cousas e empezar a encher caixóns e armarios. Decidir cal vai a ser o dentífrico que vas a empregar na “túa casa” e poñerte as zapatillas para comezar o último paso da mudanza.

Para as rapazas e rapaces que chegan a unha vivenda asistida do Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, a entrada é un momento importante, pero tamén emotivo. Con coidado, desempaquetar pertenzas, imaxinar como ese espazo, aínda frío, se converterá nun novo fogar, un lugar onde empezarar a construír unha nova vida.

Necesitarán traballo, preparación, amigos e amigas, un proxecto de vida que lles pertenza. Cada obxecto te pode levar a un momento, unha situación ou persoa que marcarcou a túa vida. Pero agora, é tempo de avanzar e construír o seu propio futuro. Coa axuda das educadoras e técnicas laborais, van comezar a dar forma á súa vida.

Aínda coa emoción polo que está por vir, saben que o camiño non será fácil e que haberá obstáculos que terán que superar. Non poden permitirse errar, porque non teñen unha familia á que volver. Precisan un traballo, unha formación, unha vida autónoma e precísana o antes posible. Aínda que teñan medo, saben que deben que seguir adiante e superar os desafíos que lles agardan.

Finalmente, chega a última caixa, o momento de miran á nova casa. Saben que son os protagonistas da súa propia vida e que deben construír o seu futuro con ilusión e determinación. A vida está diante deles, e están preparados para conquistala.

 

Consellería de Política Social e Xuventude. Financiado pola Unión Europea Fondos NextGenerationEU. Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. PRTR.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.