“Xogamos?”: acompañamento a nenas e nenos no noso servizo de conciliación familiar

Oferta de voluntariado
A Coruña, Santiago de Compostela
Publicado hai 3 meses

Se tes experiencia no coidado de nenos e nenas, podes acompañalos en actividades lúdicas e educativas.

En que consiste?
Buscamos persoas que acompañen a nenos e nenas menores de 11 anos mentres as súas familias acoden aos nosos programas de apoio. Ti podes ser unha das persoas que lles dea atención e xogue con elas no noso centro de día.

En que horario?
Dúas horas en horario de tarde, un día laborable por semana.

Cales son os requisitos?
Ter experiencia no coidado de nenos e nenas.

[A Consellería de Política Social respalda a campaña de sensibilización e captación de persoas voluntarias que queiran sumarse á causa de Igaxes a prol da infancia e a xuventude con máis necesidade de axuda]

← Volver

Enviar solicitude

Requírese un enderezo de correo electrónico válido.
Revisa o número de teléfono