Proxecto Referentes

Oferta de voluntariado
A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo
Publicado hai 2 meses

Moitas mozas e mozos sen apoio familiar carecen dunha figura adulta en quen confiar cando saltan á vida independente. Ti podes ser o seu referente.

En que consiste?
No Proxecto Referentes buscamos persoas que queiran acompañar voluntariamente a unha moza ou mozo sen apoio familiar no seu camiño cara á emancipación. Aconsellando en materia laboral, orientando na procura de piso, compartindo gustos e aficións ou, simplemente, compartindo unha conversa arredor dun café. Ti podes ser esa persoa que lle permita ampliar a súa rede social e camiñar con máis seguridade.

Canto tempo require?
2 horas por semana durante 6 meses.

Cales son os requisitos?
Ter máis de 25 anos e non ter formación nin experiencia profesional en áreas sociais (educación social, traballo social, psicoloxía, pedagoxía, etc.). Oferta dispoñible para A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

[Referentes é un proxecto de voluntariado complementario ao Programa Mentor para a vida independente da mocidade sen apoio familiar en Galicia. A Consellería de Política Social respalda a campaña de sensibilización e captación de persoas voluntarias que queiran sumarse á causa de Igaxes a prol da infancia e a xuventude con máis necesidade de axuda] 

← Volver

Enviar solicitude

A valid email address is required.
Revisa o número de teléfono