29 Mai Programa Lexema
Amas os libros? Participa en Lexema e axuda a un neno ou nena que estea cursando Ensino Primario a descubrir o gusto pola lectura e mellorar a súa comprensión lectora.
En que consiste?
Os nenos e nenas que viven en fogares desfavorecidos teñen máis dificultades para acceder á lectura. Unha baixa comprensión lectora na infancia pode limitar decisivamente a súa educación. No Programa Lexema buscamos mentores e mentoras que lles axuden a construír o hábito de ler e lles contaxien a súa fascinación pola lectura.
Canto tempo require?
1 hora por semana durante o curso escolar, en horario non lectivo.
Cales son os requisitos?
Ser unha persoa lectora, maior de idade e residente en Santiago de Compostela ou contorna.
[A Consellería de Política Social respalda a campaña de sensibilización e captación de persoas voluntarias que queiran sumarse á causa de Igaxes a prol da infancia e a xuventude con máis necesidade de axuda]