16 Mai Persoal técnico de integración laboral
Posteado ás 07:52h
in
Oferta laboral
Santiago de Compostela, Vigo
Publicado hai 15 horas
Seleccionamos a dúas persoas para o posto de técnicos/as de integración laboral.
O posto ten entre as súas funcións as de apoio á integración laboral de mozos e mozas, a busca de recursos de inserción laboral, a prospección empresarial e a formación en competencias transversais para a orientación laboral.
Ofrecemos un contrato por dous anos a xornada completa.
Centro de traballo:
Santiago de Compostela e Vigo.
Requisitos mínimos:
Titulación grao universitario no ámbito social (Educación social, traballo social, etc.), carné de conducir e vehículo propio, experiencia en inserción laboral, bilingüe en castelán e galego e manexo do paquete básico de Office. Valorarase: Residencia na zona de actuación (Compostela e Vigo).
Características
Categoría | Oferta de emprego |