Persoal técnico auxiliar educativo para vivendas tuteladas

Oferta laboral
Lugo
Publicado hai 12 meses

Únete á nos. Precisamos persoal técnico auxiliar educativo para traballar con mozas e mozos do sistema de protección que actualmente viven nos nosos recursos residenciais.

O posto ten entre as súas funcións a de desenvolver o proxecto educativo de centro; deseñar e implantar o proxecto educativo individualizado (PEI) das mozas e mozos residentes no recurso; respectar e facer respectar o regulamento de réxime interior; realizar intervención educativa coas mozas e mozos; levar o control de caixa do recurso; e representar a organización ante entidades e institucións sociais.

FUNCIÓNS
✓ Desenvolvemento do proxecto educativo de centro
✓ Apoio no deseño e implementación do proxecto educativo de individualizado (PEI) das mozas e mozos residentes no recurso
✓ Apoio na xestión da vivenda
✓ Intervención educativa coas mozas e mozos

REQUISITOS MÍNIMOS IMPRESCINDIBLES
✓ Titulación mínima requirida de monitora ou monitor de Tempo Libre
✓ Persoa dinámica, proactiva e positiva e con apertura aos cambios
✓ Boa comunicadora
✓ Bilingüe castelán e galego
✓ Certificado negativo do Rexistro de delincuentes sexuais
✓ Permiso de conducir vixente e vehículo propio

A VALORAR
✓ Formación en aspectos relacionados coa intervención con mocidade ou adolescencia
✓ Coñecementos do paquete básico de office
✓ Valorarase positivamente carné de manipulación de alimentos
✓ Título de primeiros auxilios
✓ Incorporación inmediata

QUE OFRECEMOS
✓ Contrato indefinido
✓ 16/h semanais (mañás dos sábados e domingos)
✓ Salario 485€/brutos mensuais
✓ Centro de traballo: Lugo cidade
✓ Formación en procesos de intervención con mocidade en situación de vulnerabilidade
✓ Participación en procesos de promoción interna

← Volver

Características

CategoríaOferta de emprego

Enviar solicitude