Insertora laboral

Oferta laboral
O Barco de Valdeorras
Publicado hai 9 meses

En base aos perfís laborais cos que estamos a traballar, crear unha estratexia zonal de achegamento á empresa e recursos formativos de xeito que as persoas participantes do programa incrementen as súas posibilidades de cara ao mercado laboral, á integración comunitaria e á súa emancipación final.

Responsabilidades

Mellorar as competencias e a empregabilidade das mozas e mozos da zona de influencia.

Implementar a estratexia de prospección de empresas na área de influencia

Crear rede con grupos de interese para a misión e visión da organización

Traballar para mellorar os indicadores de inserción e formación da zona de influencia

Cumprimento dos procedementos e protocolos marcados.

Identificar e trasladar novas necesidades formativas e laborais que xorden na zona.

Requisitos

  • Formación requerida: Estudos superiores (educación social, traballo social, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía ou similares), valoramos cursos de postgrao en inserción laboral.
  • Carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo propio.
  • Coñecementos informáticos a nivel de usuario do paquete Microsoft office e Outlook e manexo do CRM.
  • Mínimo de 6 meses desempeñando o posto ou posto similar.
  • Capacidades comunicativas e de creación de dinámicas de traballo con mozas e mozos que proveñen do sistema de protección, en rede con institucións de diferente índole.
  • Adaptabilidade e coñecemento en plans de inserción sociolaboral locais, autonómicos e nacionais.
  • Empatía e habilidade no trato con adolescentes.

Características

CategoríaOferta de emprego

Enviar solicitude