13 Xuñ Coordinadora de programa
Únete á nos, precisamos unha coordinadora ou coordinador para acadar a nosa misión e obxectivos procurando que ningún mozo, ningunha moza vexa limitado o seu futuro. Igaxes traballa polo dereito á vida autónoma, libre e segura da mocidade e infancia galega, defendendo a equidade educativa e a igualdade de oportunidades.
O posto ten entre as súas funcións as de:
- Deseño, revisión, seguimento do plan operativo para o programa aliñado co plan estratéxico da organización.
- Cumprimento dos obxectivos establecidos dende a Dirección.
- Xestión, coordinación, supervisión, dinamización e desenvolvemento do equipo de traballo.
- Busca de alianzas externas para o desenvolvemento e mellora dos obxectivos do programa.
- Uso e actualización de CRM.
- Análise do entorno e aportacións para a mellora do programa.
- Control e desenvolvemento dos ciclos de subvencións e xustificacións.
- Defensa da misión.
Requisitos mínimos: Experiencia previa en coordinación de equipos acreditable, compromiso coa misión e visión da organización, grao en psicoloxía, bilingüe castelán e galego e acreditación mínima de B2 en inglés, formación ou experiencia na medición do impacto, formación en planificación e organización do traballo e de equipos, manexo avanzado de paquete office, certificado negativo do Rexistro de delincuentes sexuais e permiso de conducir vixente, vehículo propio e dispoñibilidade para viaxar en breves períodos de tempo. Valorarase: capacidade de adaptación aos cambios, visión innovadora sobre o mundo da educación social, capacidade de aprendizaxe, criterio de análise, capacidade de integración en equipos multidisciplinares, manexo de SPSS.
Ofrecemos un contrato indefinido a xornada completa, con centro de traballo en Santiago de Compostela.