A construción de redes é un traballo moi importante para a xuventude do sistema de protección no seu camiño cara a independencia. Cando non se conta de base co apoio dunha familia, debemos buscar unha man amiga entre as veciñas e veciños, nas amigas e amigos, compañeiras e compañeiros de estudos ou traballo.
Varias noticias de actualidade poñen o foco de novo na educación sexual das nenas, nenos e adolescentes, denotando unha falta de coñecemento por parte dos máis novos do feminismo, das novas masculinidades, da responsabilidade afectiva ou das realidades LGTBIQ+.
Cada cita electoral é unha nova oportunidade de renovar o compromiso coa infancia e a xuventude vulnerable de Galicia. En España, o 27,8% dos nenos e adolescentes viven en fogares en risco de pobreza.
Ao pedir a túa bolsa ou libreta axudas a que miles de escolares sen recursos poidan ter a educación que merecen.