Valores

Igaxes3 acolle como valores propios os principios chave da Iniciativa Comunitaria Equal:

Complementariedade: que pretende garantir que os proxectos que executamos incidan realmente en ámbitos de actuación non cubertos polas políticas xerais referidas aos mesmos.

Enfoque integrado: a partir dunha análise sobre as principais causas de discriminación presentes nun sector, débese presentar un conxunto de solucións susceptibles de ser aplicadas a unha pluralidade de destinatarios finais que, en todo caso, deben pertencer aos colectivos aos que as dificultades ou os problemas detectados afecten de xeito máis severo.

Concentración: as actuacións deben incidir sobre as situacións máis desfavorables de discriminación e desigualdade, en definitiva, concentraranse sobre aquelas persoas destinatarias ás que afectan de xeito máis intenso as situacións de discriminación e desigualdade.

Cooperación institucional e capacitación: require un modelo de traballo baseado na cooperación entre institucións de distinta natureza que, na medida das súas posibilidades, capacidades e intereses, acorden colaborar no desenvolvemento dos nosos proxectos.

Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres: integrando a perspectiva de xénero en todas as fases e actuacións dun proxecto.

Innovación a través da cooperación nacional e transnacional: mediante a proposta de novos enfoques, o desenvolvemento de métodos e instrumentos novidosos ou a transferencia de elementos xa existentes noutros contextos territoriais, sectoriais ou institucionais que incrementen a eficacia das prácticas e recursos habituais das políticas xerais que inciden nos proxectos.

Cooperación transnacional: como parte substancial dos programas de traballo dos diferentes proxectos.

Capacidade de transferencia: ás políticas xerais dos novos métodos, ideas, solucións, en definitiva das mellores prácticas ensaiadas nos proxectos.

A estes valores e principios da Iniciativa Comunitaria Equal engadimos a Calidade e a Transparencia como máximas de actuación en todos os proxectos que a entidade emprende.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter