Transparencia

No cumprimento da nosa misión damos tanta importancia ao logro de resultados como á forma na que os obtemos.

Queremos contribuír a unha sociedade na que todos e todas, especialmente a nosa infancia e mocidade, teñan as mesmas oportunidades. E iso só podemos logralo como organización desde a transparencia e a ética.

Isto implica comunicar a orixe e o destino de todos os nosos fondos, pero tamén o como e o por que das nosas decisións. Somos unha organización preparada para responder as preguntas das persoas socias, doantes, financiadoras ou calquera persoa que queira coñecernos.

Pero, sobre todo, somos unha organización preparada para responder as preguntas das mozas e mozos a quen dedicamos o noso traballo.

A que destinamos os nosos recursos?

Inserción laboral 23.5%

Vivenda: 15,3%

Educación: 11,2%

Apoio ás familias: 14,7%

Autonomía e independencia: 20,9%

Formación para o emprego: 10,2%

Inserción laboral: 23,5%

Redes de apoio: 4,3%

Distribución de ingresos en 2022

financiamento privado

Financiamento público: 87,26%

Financiamento privado: 12,74%

Memoria anual 2022

Contas anuais 2022

Auditoría independente

Plan de igualdade

Protocolo de acoso

Protección á infancia

Protocolo LGTB

Concursos e servizos

Programa Mentor

Cada ano, centos de nenos, nenas e adolescentes en Galicia caen nunha situación de desamparo. Para protexelos, a Administración Pública asume a súa tutela e dálles o acubillo que precisan mentres van facéndose maiores. Cando se achegan aos 18 anos, estes mozos e mozas deben prepararse para voar sen axuda. Emancipárense é un salto sen rede para a maioría, xa que non teñen familia ou carecen do seu apoio.

O Programa Mentor existe para acompañar a mocidade tutelada e ex tutelada entre os 16 e os 21 anos. Se é preciso, mesmo ata os 25. É unha iniciativa financiada polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia que Igaxes desenvolve desde 2005.

Todo en Mentor está dirixido á autonomía persoal de cada participante. Nas nosas vivendas tuteladas desenvolven as habilidades que calquera adulto necesita no día a día. Co apoio dos nosos equipos educativos, eles e elas deseñan a folla de ruta do seu propio proxecto de vida. Ao tempo, da man dos nosos técnicos e técnicas de inserción laboral, seguen formándose ata se converteren en persoas cualificadas para o mundo profesional. Un emprego sólido é unha garantía esencial de estabilidade para a súa vida futura.

Descarga aquí a memoria Mentor 2022

Programa de tránsito á vida adulta para mocidade en situación vulnerable en zonas non urbanas

Cada vez é máis difícil para a xente nova construír un proxecto vital en zonas non urbanas. O envellecemento poboacional xunto coa escaseza de servizos provocan que moitos mozos e mozas teñan que migrar ás cidades. A situación é aínda máis complicada para as persoas tuteladas ou en risco de exclusión.

O programa ten como finalidade que os mozos e mozas máis vulnerables de entre 16 e 21 anos do sur da provincia de Lugo e do norte de Ourense poidan construir un futuro no seu propio lugar de residencia. A iniciativa, financiada pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, aséntase no acceso a vivenda, a formación adaptada ás necesidades das empresas locais, a procura de emprego e a xeración de vínculos comunitarios na contorna e desenvolverase durante o período 2022-2023.

Programa Incorpora

O Programa Incorpora é unha iniciativa de Fundación “la Caixa” para a inserción socio laboral de persoas en risco de exclusión: creamos oportunidades para as persoas que teñen máis difícil acceder a un emprego. E fomentamos a responsabilidade social corporativa nas empresas para transmitir o valor que ten empregar a colectivos desfavorecidos.

Desde 2011 Igaxes é a organización coordinadora do grupo Incorpora Galicia, do que forman parte outras sete organizacións sociais. Tecendo lazos con empresas e asociacións empresariais galegas creamos oportunidades de emprego para as persoas coas que traballamos.

Programa de inserción sociolaboral para persoas sen fogar

Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Todas as persoas deberan ter as mesmas oportunidades e futuro. Mediante atención individualizada e comprometida, o noso obxectivo é espertar as capacidades que as persoas sen fogar teñen adormentadas por mor dunha situación de exclusión severa. Traballamos xunto a elas e eles para que logren recuperar os vínculos familiares, o acceso aos recursos comunitarios, a participación na sociedade e a súa reciclaxe profesional e laboral.

Programa “Na túa mente” de intervención e detección dos trastornos mentais

ORDE do 18 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca, polo procedemento de anticipado de gasto, o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A).

Estímase que entre un 10% e un 20% dos e das adolescentes experimentan trastornos mentais, pero estes non están diagnosticados nin tratados adecuadamente. Estes trastornos fanos especialmente vulnerables á exclusión social, á estigmatización e mesmo á vulneración dos seus dereitos. Este é un programa para a protección da saúde mental infantil, promovendo para iso vínculos afectivos sans e estables e competencias psicosociais e educativas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida, tanto ás persoas afectadas como ás coidadoras e familiares.

Apoio psicosocial para mozas e mozos en risco social

Orde do 12 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Moitos mozos e mozas desprotexidos precisan unha atención persoal e duradeira. Cando o máis indicado é o tratamento terapéutico, os nosos equipos de atención psicolóxica son os responsables de acompañar esa persoa durante o tempo necesario.

Campaña de sensibilización e captación de voluntariado para acompañar a mozas e mozos en risco de exclusión

Orde do 11 de xaneiro de 2023 pola que se regulan as bases que rexeran a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (BS508B)

Cando unha moza ou mozo padece desigualdade, todo o seu mundo se ve afectado: faltan recursos e tamén persoas en quen apoiarse e confiar. Por iso, precisamos o apoio de outras persoas e organizacións para lograr cambios en beneficio da infancia e da xuventude máis vulnerable.

O obxectivo desta campaña é sensibilizar a opinión pública sobre a necesidade de apoio que ten a mocidade sen respaldo familiar: buscamos persoas que queiran poñerse á disposición dun destas mozas e mozos para ampliar a súa rede afectiva ou ofrecerlless apoio durante a etapa escolar.

Programa de intervención socioeducativa Escola de Vida

Convocatorias Sociais Galicia

Escola de Vida está deseñada para evitar que as deficiencias materiais ou emocionais, a falta de protección ou a inseguridade, poñan en perigo a educación e o futuro da xuventude máis vulnerable.  Trabállase desde tres liñas estratéxicas de actuación: desenvolvemento das competencias, apoio psicosocial e éxito escolar.

Así, abórdase o fracaso cunha perspectiva integral de todos os factores chave para acadar o éxito escolar: familiar, social, idividual e educativo.

Programa de intervención socioeducativa Escola de Vida

Convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social do Concello de Ames para o ano 2023

Escola de Vida está deseñada para evitar que as deficiencias materiais ou emocionais, a falta de protección ou a inseguridade, poñan en perigo a educación e o futuro da xuventude máis vulnerable.  Trabállase desde tres liñas estratéxicas de actuación: desenvolvemento das competencias, apoio psicosocial e éxito escolar.

Así, abórdase o fracaso cunha perspectiva integral de todos os factores chave para acadar o éxito escolar: familiar, social, idividual e educativo.

Programa de Competencias Familiares

O Programa de Competencias Familiares é un programa innovador de intervención familiar que se fundamenta en dous principios básicos: por unha banda, o adestramento das nais e pais en habilidades parentais e, pola outra, a súa implicación efectiva coas súas fillas e fillos, de acordo coa súa etapa de desenvolvemento para así axudarlles a establecer expectativas claras e adecuadas á súa idade e á súa conducta. É un programa baseado na evidencia, nacido do ‘Strenghtening Families Program’ (EEUU) e adaptado polo grupo GIFES da Universitat de les Illes Balears.

Está dirixido a familias con nenas e nenos de 7 a 11 anos. Tanto as persoas proxenitoras como as súas fillas e fillos deben implicarse persoalmente para mudar as súas propias conductas e actitudes. Esta é a clave para mellorar a dinámica familiar e restaurar o clima de convivencia, facendo da familia unha unidade de afecto e de apoio mutuo.

Programa de Competencias Familiares

Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca ao procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0’7% do imposto da renda sobre persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social.

Xuventude Mentoring

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinadas a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia. Promóveo a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

O programa quere favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou formación profesional. Está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresario galego e do terceiro sector, que ofrecen asesoramento e apoio. Igaxes forma parte desta iniciativa achegando tres persoas mentoras, con quen as participantes poden preparar o seu acceso ao emprego adestrando habilidades e competencias indicadas para o desempeño profesional e o traballo en equipo.

Punto de encontro de inserción socio laboral

Convocatoria pública da Deputación de Ourense para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a organizacións, asociacións e/ou fundacións que realicen proxectos de carácter social na provincia de Ourense para o ano 2023

Tras a pandemia, a poboación en risco de exclusión social sufriu directamente o impacto da crise, especialmente a mocidade que, sen experiencia laboral, busca o seu primeiro emprego sen apoio familiar. Punto de Encontro de Inserción socio laboral é un programa destinado a facilitar a integración social e laboral das persoas nesta situación de risco ou exclusión, especialmente mozas e mozos ex tutelados.

A metodoloxía de traballo baséase no desenvolvemento de itinerarios personalizados de intervención. As accións levadas a cabo comprenden programas de orientación, capacitación persoal, formación, información, asesoramento, prospección do mercado laboral e fomento da contratación, así como un espazo de intercambio para as persoas que formen parte do proxecto.

Programa de apoio familiar terapéutico

Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca ao procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0’7% do imposto da renda sobre persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social.

A familia debe ser un apoio para todas as mozas e mozos. Por iso, a través deste programa, fortalecemos ás familias de recursos para xestionar positivamente as súas relacións, de forma que se reduzan os conflitos entre as persoas que a conforman, baseándonos en tres factores básicos: a cohesión, a adaptabilidade e a comunicación.

Programa de prevención para o desenvolvemento integral da sexualidade da muller

Concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interés xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renta das persoas físicas e de imposto sobre sociedades, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, no ano 2023 (código de procedemento SI452A)

Case un 80% da mocidade entre 16 e 29 anos, afirma non ter recibido unha educación afectivo-sexual satisfactoria e completa. Dirixido a mulleres que se atopan en situación de risco de exclusión social, este programa permite desenvolver de forma saudable a súa vida sexual e afectiva, contrarrestando os efectos da nova pornografía e fomentando o seu benestar físico e emocional.

Programa Lexema

Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca ao procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0’7% do imposto da renda sobre persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social.

Este proxecto de voluntariado permitirá que nenas e nenos que estean cursando Ensino Primario en condicións de desvantaxe, poidan contar cos seus propias mentoras e mentores de lectura para mellorar a comprensión lectora mentres constrúen un vínculo de confianza.

Programa Galicia Emprega

Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342C).

Programa Competencias Familiares

Convocatoria de subvencións a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social, na provincia de Pontevedra en 2023.