SEIREM

A rede Seirem é unha agrupación transnacional composta por algúns integrantes de cinco proxectos Equal en Inglaterra, Estonia, Portugal, Eslovaquia e Galicia. A rede Seirem ten traballado con diversos colectivos a través de Europa que inclúen ex-delincuentes, xente en risco de cometer delitos, consumidores de drogas, ludópatas, xente de etnia xitana, xente sen teito, mozas embarazadas, mozas con persoas dependentes a cargo ou en risco de exclusión. En todos estes proxectos a Incubación social foi un tema clave e, é unha crenza da rede Seirem, que este elemento pode ser de moito valor para a Unión Europea (UE) e debería ser introducido nos programas de financiamento comunitarios xunto coa igualdade de oportunidades e a valoración da diversidade.

Mediante a promoción e desenvolvemento de medidas relacionadas coa incubación social, a UE ten a oportunidade de pór en marcha novos enfoques para a crear unha sociedade máis inclusiva que se centre na aprendizaxe permanente, nas novas oportunidades de emprego, no incremento dos valores sociais e na participación social. Comprometerse coas medidas da incubación social implica elixir o vieiro da ‘cidadanía activa’ dentro de Europa.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter