RED ARAÑA

Red Española de Entidades por el Empleo, Red Araña, é unha asociación de entidades sen ánimo de lucro que, desde 1987, desenvolve servizos de promoción do emprego co obxectivo de mellorar a empregabilidade e facilitar a incorporación das persoas en desemprego ao mercado de traballo, tanto por conta allea como por conta propia.

A organización aglutina un grupo de entidades sociais que traballamos na loita contra o desemprego xuvenil e a exclusión social favorecendo o acceso ao mercado laboral das personas mozas. A ecuación que actualmente procura a rede e que aplica aos seus programas é a que define un servizo integrado de emprego: orientación + formación + intermediación, ao que unimos a promoción e o asesoramento do autoemprego.

Máis información: www.empleoenred.org

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter