Redes

A inclusión social é unha misión compartida e, para levala a cabo, construímos alianzas. Se hoxe somos parte de A L I A é como froito da nosa alianza estratéxica coa Fundación Meniños, con quen levamos anos compartindo valores, ideas e proxectos.

Pero tamén mantemos alianzas coa Unión Europea, que é a nosa principal financiadora; coa Xunta de Galicia, coa que traballamos desde hai máis de dez anos; con outras administracións, empresas e agrupacións empresariais; e tamén con outras organizacións sociais.

Formamos parte activa de redes como FICE (Federación Internacional de Comunidades Educativas), a rede europea SEIREM, Red Araña ou a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), entre outras.

Ademais somos a entidade fundadora da Asociación de Entidades Jóvenes e Inclusión, que aglutina organizacións sociais de atención á infancia e a xuventude en Andalucía, Aragón, Baleares, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade de Madrid e Galicia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter