Misión, Visión e Valores

MISIÓN

IGAXES3 é unha entidade sen ánimo de lucro que promove a cidadanía activa das persoas en situación ou risco de exclusión social desde un enfoque baseado no empoderamento e a participación.

VISIÓN

  • IGAXES3 apoia a inclusión das persoas en situación ou risco de exclusión social como prestadora  de servizos de calidade desde o empoderamento e a participación.
  • Afonda de maneira continuada e sostible nos seus ámbitos de actuación, amplía a cantidade e diversidade das persoas con e para as cales desenvolve as súas actividades e mellora as fórmulas profesionais de intervención social.
  • Colabora coas entidades públicas e privadas involucradas na inclusión, participa activamente en redes, traballa a incidencia e sensibilización social e quere ser un interlocutor social de referencia en Galicia.
  • Esta posición é posible grazas ao compromiso activo das persoas; á consolidación dunha estrutura adaptada para lograr o máximo desenvolvemento da súa misión; e á mellora dos seus procesos de planificación, coñecemento, comunicación e xestión.

VALORES

IGAXES3 asume, aplica ao seu traballo e estende á sociedade no seu conxunto os seguintes valores:

  • Empoderamento. Cada persoa é protagonista, cada persoa conta, cada persoa pode, cada persoa é corresponsable. IGAXES3 considera que cada persoa para a cal se traballa e cada persoa que traballa connosco ten o dereito e a obriga de dar e recibir todo canto resulte necesario para obter o mellor resultado posible.
  • Participación. IGAXES3 aposta pola participación de todas as persoas na identificación, deseño, posta en práctica e avaliación de todas as iniciativas que pon en marcha. Respectar as persoas, confiar nelas e desafialas constantemente non son elementos contraditorios. Respectar as persoas significa respectar a súa intelixencia e capacidade.
  • Aprendizaxe. IGAXES3 debe seguir achegando a experiencia de máis dunha década de traballo directo coas persoas, estando con elas sen ideas preconcibidas e abertas ás súas demandas, e comprométese a seguir aprendendo constantemente desde a reflexión constante e a xeración continuada de solucións innovadoras e eficientes. IGAXES3 considera que os valores máis importantes para o éxito da súa misión son a constancia paciente, un enfoque a longo prazo no canto dos resultados a curto prazo e o reinvestimento continuo nas persoas, sen esquecer en ningún caso o compromiso total coa calidade.
  • Corresponsabilidade e traballo en rede. A inclusión é unha misión compartida. IGAXES3 considera que o obxectivo da inclusión social conseguirase a través dun traballo conxunto cos seus iguais e cos seus socios estratéxicos públicos e privados, no ámbito galego ou nos estatais ou internacionais. Desde esa posición quere contribuír e, no seu caso, liderar as achegas estruturais, respostas e cambios continuos que demande o obxectivo da  inclusión social. IGAXES3 respecta a súa rede de socios e colaboradores, confía neles, desafiándoos, compartindo e cooperando con eles para mellorar.
  • Transparencia e rendición de contas. IGAXES3 esíxese e ofrece transparencia e rendición de contas en todos os aspectos relevantes para coñecer de maneira confiable a organización e os seus socios e colaboradores.

Consulte aquí os estatutos de Igaxes3 en PDF

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter