Quen somos

Ningún mozo, ninguna moza sen futuro

 
Somos unha ONG dedicada ás nenas, nenos e persoas mozas en risco de exclusión. Traballamos polo seu dereito a unha vida autónoma, libre e segura, apoiando as súas familias e defendendo a equidade educativa e a igualdade de oportunidades.

Centos de nenas, nenos e mozos en Galicia medran cada día tras viviren unha infancia de carencias, ou padeceren algún conflito afectivo, emocional ou social. A súa nenez foi difícil e por iso a súa adolescencia tamén o é. Agora que se achegan á maioría de idade, o seu futuro está máis en xogo ca nunca.

Todos necesitan vivir protexidos mentres medran. Precisan aprender e formarse. Recuperar a súa estima propia e desenvolver aquilo que os move. Só así poderán ter oportunidades de futuro cando dean o seu salto á vida adulta.

Non tiveron dereito a ser nenos e nenas. Agora é preciso velar polo seu dereito a un futuro libre e seguro. Un futuro lonxe da exclusión.
 

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter