VOLUNTARIADO

PROXECTO REFERENTES
Moitos adolescentes sen apoio familiar carecen dun referente adulto que os acompañe no camiño cara á vida independente. Buscamos persoas dispostas a asumir o rol de referente dun mozo ou moza para confiar, escoitar, aconsellar, divertirse, aprender, consolarse ou coñecer outra realidade.
MENTORÍA ENTRE IGUAIS
Mozos e mozas ex tutelados exercen de titores doutros mozos de menor idade que aínda se atopan no sistema de protección. Os rapaces voluntarios comparten cos máis mozos a súa experiencia e valores e sérvenlles de apoio nesta etapa complexa das súas vidas.
PROGRAMA ARTESA
Esta iniciativa de voluntariado corporativo quere contar cos empresarios e empresarias galegos para que se convirtan en mentores dos mozos e mozas tutelados en materia laboral, dándolles así unha oportunidade para familiarizarse co mundo do traballo ao que están próximos a acceder.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter