OFICINA DE ATENCIÓN AO INMIGRANTE E EMIGRANTE RETORNADO – RIBEIRA

Data de Inicio: 1 setembro 2008
Ámbito: Concello de Ribeira
Participan: Igaxes. Secretaría Xeral de Inmigración da Xunta de Galicia. Concello de Ribeira

Seguindo a mesma metodoloxía de traballo que en Mos, levamos a cabo o mesmo proxecto coa colaboración e financiamento do Concello de Ribeira.

Este programa consiste na prestación dun servizo específico de información e asesoramento xurídico gratuíto ao colectivo de inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Ribeira. A finalidade deste servizo é traballar desde unha perspectiva integral personalizada, establecendo os recursos necesarios para que as persoas beneficiarias desenvolvan tanto os seus recursos internos como os accesos aos recursos externos (servizos de emprego, formación e conciliación), co obxectivo de que se convertan en persoas coñecedoras dos seus dereitos e deberes, posibilitando a súa participación activa na sociedade.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter