Formación

PROYECTO FORMACIÓN PARA INMIGRANTES
Fecha de Inicio:
Ámbito:
Participan: Igaxes3. Secretaría Xeral de Inmigración da Xunta de Galicia>

PROXECTO FORMATIVO PARA INMIGRANTES – Resolución do 19 de decembro de 2008 da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinada a persoas retornadas e inmigrantes.

Dentro da convocatoria desta subvención, financióusenos un curso de Peón Polivalente da Construción.

O obxectivo xeral que se expón neste programa é a incorporación social de persoas en risco de exclusión social, combinando a orientación laboral, formación e acompañamento, empoderando e fomentando a cidadanía destes colectivos.

En canto aos obxectivos específicos, perseguimos os seguintes:

  • Que as persoas que se incorporan a este programa se convertan en protagonistas activas do seu proceso de incorporación á sociedade, xerando elas mesmas as súas metas e os seus obxectivos, así como as estratexias precisas para alcanzalos.
  • Facilitar que as persoas que se incorporan a este Programa coñezan os recursos precisos para executar unha procura de emprego.
  • Apoiar e facer un seguimento de todo o proceso.

A duración do curso foron 117 horas, e o programa formativo incluíu formación na área da construción, formación na área de fontanaría, lingua e cultura, novas tecnoloxías etc.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter