Acollida e integración

Este programa desenvólvese de acordo co determinado na Resolución do 27 de maio de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade autónoma galega durante o ano 2009.

Dentro desta subvención, Igaxes3 ten tres eixes de traballo: un de saúde, outro de acollida e outro específico para a muller. Dentro de cada un deles realizáronse diversos talleres.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter