Vives Proxecto

Proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo da Loita contra a Discriminación 2007-2013

Acción contra a Fame crea en 2013 Vives Proyecto para combater o desemprego na nosa sociedade. O proxecto abrangue un abano de accións encamiñadas ao fomento e ao apoio do emprendemento inclusivo, dirixidas a personas en risco de exclusión socio laboral con interese por desenvolver unha actividade microempresarial e a todas as entidades públicas, privadas, sen ánimo de lucro, que operan no denominado “Ecosistema do Emprendemento”.

Dentro do mesmo, e en concreto na liña Vives ONG, este programa nace coa idea de alcanzar un reto: fomentar o emprendemento social entre as entidades de Galicia.

Vives Proxecto pretende crear un espazo colaborativo e creativo que promova o valor das personas para cultivar o cambio social en e desde as estruturas organizativas. Ofrécese unha formación teórico-práctica e ferramentas útiles para que, desde as entidades social, se impulsen proxectos asociativos, colaborativos e de emprendemento social.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter