‘SV4Life’ – Vacinas sociais para a vida

Ao longo da nosa infancia e adolescencia, todas as persoas completamos un programa de vacinas como forma básica de prevención de enfermidades e co obxectivo primordial de vivirmos con boa saúde de forma estable e duradeira. De xeito análogo, o proxecto que leva por nome SV4Life (“Vacinas sociais para a vida”) fai unha aproximación similar, só que aplicada ao eido social e ao traballo a prol das persoas en situación vulnerable.

A iniciativa forma parte da liña Grundtvig do Lifelong Learning Programme da Unión Europea. Igaxes3 participa como partner, xunto coas organizacións Pictora (Reino Unido), Associação Humanidades (Portugal), Clovek v tísni (Eslovaquia) e Pro Civitas (Estonia).

SV4Life está destinado a desenvolver un sistema integral de formación para profesionais que traballan con persoas en dificultade social. Estes materiais están orientados á intervención para o empoderamento: trátase de que cada persoa coa que se traballa, mediante a aprendizaxe informal e cotiá, vaia adquirindo as habilidades e a resiliencia precisas para afrontar a vida dunha maneira máis forte e positiva.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter