REFERENTES

Data de Inicio: decembro 2011
Ámbito: Galicia.
Promoven: Fundación Trébol de Iniciativa Social e Igaxes3.
Dirixido a: Persoas maiores de 25 anos sen relación profesional co ámbito social.

Referentes é un proxecto de voluntariado que xurde da necesidade de apoio que teñen os mozos e adolescentes sen apoio familiar para afrontaren o seu camiño cara a unha vida independente. Este proceso tan complexo require de acompañamento educativo por parte dos nosos profesionais, pero ademais é imprescindible un apoio emocional adulto fóra do sistema de protección de menores.

Por esta razón buscamos persoas dispostas a asumir o rol de referente do mozo ou moza para confiar, escoitar, aconsellar, divertirse, aprender, consolarse ou coñecer unha realidade diferente da propia. Un referente adulto que lle axude a ampliar a súa rede social e a camiñar con máis seguridade.

Igaxes3 e Fundación Trébol de Iniciativa Social están a desenvolver este proxecto de voluntariado desde 2011 en todo o territorio galego. Toda a información sobre o proxecto e a forma de participar está en referentes.org.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter