RED LABORA

Promovido pola Rede Española de Entidades para o Emprego (Red Araña), Red Labora é un proxecto integral destinado a mellorar as capacidades e opcións das persoas desempregadas para acceder a un posto de traballo. En Igaxes3, este programa aplícase principalmente a mozos e mozas con dificultades para atopar un emprego.

A intervención abrangue tanto actividades individuais como obradoiros de grupo. No que atinxe ás primeiras, e partindo dunha entrevista de diagnóstico inicial, cada participante recibe un itinerario personalizado de orientación para o emprego.

O programa tamén ofrece asesoramento para emprendedores, do que poden beneficiarse todas aquelas persoas que están a contemplar a vía do autoemprego. Nestes casos, o equipo técnico presta titoría para o desenvolvemento de cada proxecto de empresa.

Por outra banda, as actividades colectivas abranguen obradoiros de busca activa de emprego, habilidades sociais, orientación prelaboral e motivación para o emprendemento, ademais dun club de emprego ao que os participantes poden acudir a vontade. Tamén se imparten cursos de formación en novas tecnoloxías aplicadas ao emprego e formación ocupacional específica.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter