Proxecto Relacións en Igualdade

Data de Inicio: 2016
Ámbito: Santiago de Compostela
Financian: Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela


Nos centros de ensino séguense detectando condutas sexistas entre as mozas e mozos adolescentes. Estes comportamentos están a experimentar un aumento e unha modificación das canles e expresións a través das cales se produce.

Debido ás necesidades presentadas pola xuventude e constatadas dende o labor de Igaxes3, así como pola demanda dos Departamentos de Orientación e/ou Equipos Directivos dos propios centros educativos, creamos o Programa Relacións en Igualdade adaptado a esta problemática, buscando favorecer a igualdade de oportunidades entre mozos e mozas e a prevención e loita contra a violencia de xénero.

O alumnado de segundo ciclo do ESO de cinco centros de Santiago de Compostela participa deste programa que se desenvolve en tres obradoiros:

De igualdade e bo trato, que busca construír unha sociedade igualitaria e máis xusta traballando dende idades temperás.
De sexualidade e relacións coercitivas, que trata de que as relacións sexuais e/ou afectivas, que habitualmente se inician na adolescencia, sexan saudables e igualitarias.
De autonomía e vida independente, cuxa finalidade é dotar ás mozas e mozos de ferramentas para o tránsito á vida adulta incidindo na importancia do reparto igualitario das tarefas e das responsabilidades familiares.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter