MULLER TIC

Dentro das iniciativas promovidas pola Rede Española de Entidades para o Emprego (Red Araña), o programa Muller TIC fomenta a aprendizaxe de competencias dixitais básicas e avanzadas para mulleres en situación de desemprego. A fenda dixital de xénero é un fenómeno acusado na nosa sociedade e constitúe unha eiva moi importante para a igualdade de oportunidades no camiño cara ao emprego.

Para reducir a incidencia desta fenda, as mulleres desempregadas deben contar cun programa específico, destinado a paliar as dificultades que sofren como persoas traballadoras sen emprego e como mulleres. Ademais de formárense en novas tecnoloxías, as participantes dispoñen de libre acceso aos recursos informáticos necesarios e contan ademais con atención individualizada.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter