ESTRATEXIAS EFICACES DE INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA CON ADOLESCENTES E MOZOS/AS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

Todas as partes integrantes deste proxecto estamos especializadas no eido da atención a menores e adolescentes en dificultade social. Partindo dunha filosofía común e poñendo énfase na identificación de boas prácticas e novas formas de innovación educativa, o proxecto desenvólvese durante o bienio 2011-2012.

Con el pretendemos avanzar no coñecemento de estratexias eficaces de intervención: estratexias contrastadas, validadas e que poidan ser reproducidas con éxito en diferentes contextos de actuación. Unha intervención dirixida a adolescentes e mozos coa característica común de encontrárense, de forma máis acentuada por mor da crise socioeconómica, nun risco severo de exclusión social.

O proxecto de investigación está dirixido polo profesor Miguel Melendro Estefanía, á fronte do Grupo de Investigación G44Edu16 da Facultade de Educación da UNED. Ademais de Igaxes3, o proxecto conta coa participación de membros da Universitat de Girona, Universidade da Coruña, Opción3 e Fundación ISOS (Madrid) e Fundació Pare Manel (Barcelona).

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter