AULAS TIC

Esta iniciativa, lanzada pola Rede Española de Entidades para o Emprego (Red Araña), está dirixida a persoas desempregadas que teñen especiais dificultades para acceder a un uso normalizado das novas tecnoloxías. A misión é favorecer que estas persoas vexan incrementadas as súas posibilidades de inserción laboral, mediante a xestión eficaz da información dispoñible en internet e a competencia nas ferramentas informáticas e tecnolóxicas de uso diario.

Para isto, o programa está orientado á capacitación en novas tecnoloxías e apoiado no libre acceso aos recursos informáticos necesarios. Ademais da atención individualizada que se lle presta a cada participante, o programa contén actividades de aula adaptadas ao nivel competencial dos integrantes. Tamén está á súa disposición unha aula aberta para realizar busca de emprego e xestións relacionadas coa mesma.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter