INFANCIA E XUVENTUDE

PROGRAMA MENTOR
Este programa integral está destinado aos mozos e mozas que se atopan na fase de saída do proceso de protección de menores iniciado pola Administración pública, e conta con recursos residenciais de autonomía e independencia.
PROGRAMA CONECTA-ALEIDA
Traballamos desde os centros de ensino na prevención e intervención con menores en conflito social, cunha liña de especial atención á prevención de conflitos no ámbito educativo e de situacións que puideran derivar en abandono escolar.
CASA VALVERDE
En Valverde de Allariz atópase a Casa Valverde para a Atención Sociolaboral de Mozos e Mozas, un edificio palaciano que consta dunha vivenda de autonomía e un complexo para a formación profesional do grupo residente.
CONSTRUÍNDO FUTUROS
Dende este programa traballamos cos mozos e mozas que, por estar nunha situación de especial vulnerabilidade, se deben emancipar ao cumprir 18 anos. Buscamos que accedan ao mundo laboral con garantías e mellorar as súas capacidades para afrontar a vida adulta.
COMUNICACIÓN PARA O CAMBIO
Co apoio do programa de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia, desenvolvemos proxectos audiovisuais para divulgar a realidade da mocidade sen apoio familiar, loitar contra os prexuízos sociais e promover o seu empoderamento desde a creatividade.
RELACIÓNS EN IGUALDADE
Nos centros de ensino séguense detectando condutas sexistas entre o alumnado adolescente. Esta é unha iniciativa para favorecer a igualdade de oportunidades entre mozos e mozas e a prevención e loita contra a violencia de xénero.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter